O presidente do ente provincial tamén resaltou que «dende que o aprobou o pleno, temos dispoñibles 4,5 millóns de euros para esa actuación. Se queren contar coa Deputación teñen que falar coa Deputacíon para articular ese convenio que aínda está pendente de firma. Fomos os primeiros en poñer a disposición económica».
Rafael Louzán estivo este xoves en Vigo para visitar as obras do campo federativo de Coia, o máis utilizado da cidade, que volverá a acoller actividade deportiva «en moi poucas semanas» e no que a Administración Provincial investiu preto de 1,6 millóns de euros, en colaboración coa Federación Española de Fútbol, titular do mesmo.
Acompañado polo seu vicepresidente, José Manuel Figueroa, e por directivos dos principais clubes da cidade, o mandatario da Deputación repasou as instalacións para comprobar o estado dos traballos realizados durante os últimos meses. «É evidente que o que faltan son flecos que quedarán rematados nas vindeiras semanas», afirmou.
As previsións din que o novo campo será utilizado por máis de 35.000 nenos e nenas de Vigo cada ano. As novas gradas, pola súa banda, contarán cunha capacidade para 5.000 espectadores sentados. Segundo excplicaron os responsables da Deputación, o proxecto consistiu na renovación integral do campo, cunha nova capa de céspede artificial, rede de rego con cañóns de longo alcance, novos cables e focos; rede recollebalóns; barandilla; e novos equipos (porterías, marcadores….).
Tamén na reforma dos vestiarios, nos que se sustituíron os acabados interiores e carpinterías exteriores por outras con rotura térmica; se instalaron novas portas e mamparas nos aseos e se produxo un cambio integral dos sanitarios e as griferías. Na zona das bancadas se instalaron novas cubertas onde non había e se reparou o área xa existente, cunha impermeabilización total e una reparación completa dos asientos.
Do mesmo xeito, trasladouse a cantina e se construiron ó seu carón dous aseos para persoas con minusvalía. Reformáronse igualmente dos dous aseos públicos existentes e se construiros outros dous no antigo almacén. Ao mesmo tempo, reparouse todo o peche perimetral das instalación. Tanto Louzán como Figueroa destacaron especialmente «a boa relación existente entre a Deputación e a Federación Española de Fútbol, así como «o esforzo inversor da Administración Provincial no deporte vigués».