O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica, na súa edición deste venres, o nomeamento de Susana Cerqueiro como directora asistencial da área sanitaria de Vigo. A doutora Cerqueiro ocupaba ata agora a dirección de Atención Hospitalaria desta xerencia.
Licenciada en Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, cursou posteriormente mestrados relacionados coa Dirección e Xestión de Servizos Sanitarios e Urxencias.
Facultativa de Admisión e Documentación Clínica, exerceu distintos postos como médico evaluador do INSS e inspectora médico do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia, así como diferentes cargos directivos en institucións dependentes do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade.