A zona de habitacións, de oficiñas e do ximnasio foron totalmente remodeladas, e nestes momentos estase a acometer a demolición da fachada da cocheras para a construcción de múltiples saídas, ata oito, de xeito que case poidan saír varios vehículos de xeito simultáneo. En declaracións aos medios, Caballero eloxiou o resultado dos traballos e lembrou que desde a súa inauguración, en setembro de 1987, non se fixera obra de mellora algunha nesta dotación municipal polo que presentaba importantes deficiencias.
Este edificio, engadiu o rexedor, é o primeiro de toda Galicia en funcionar con enexía xeotérmica, ademais de contar con placas solares o que supón un «importante» aforro enerxético. Ao mesmo tempo, dixo, renovouse todo o mobiliario e o equipamento do ximnasio, algo que tamén se está a realizar no Parque de Bombeiros de Balaídos, dado que manterse en forma é fundamental para estes profesionais. Con ese obxectivo, engadiu que na terraza do edificio anexo haberá unha pista de pádel.