O Concello da Guarda acometerá proximamente traballos de rehabilitación e sinalización da Fonte Lavadoiro da Xixolla, sita na parroquia de Salcidos para contribuír deste xeito á conservación e posta en valor do patrimonio etnográfico existente na vila. «A posta en valor dos elementos etnográficos como é o caso é unha obriga mais que unha necesidade, a xustificación non pasa pola súa necesidade intrínseca», asegura o Concello.
O lavadeiro de Xixolla, datado no ano 1913 segundo consta na pedra labrada sobre o cano, foi rehabilitada nos anos 90 a través da escola obradoiro renovando a totalidade da cuberta de madeira que substituíu a antiga, copiando e reproducindo ao orixinal dita cubrición que na actualidade, precisan de traballos de renovación dos acabados, para protexer e prolongar a vida útil dos mesmos.
As actuacións a levar a cabo no lavadoiro da Xixolla, pasan por unha limpeza do conxunto, mediante máquina de auga a presión, cun mimo especial nos elementos de cantería, nos cales a limpeza realizarase dun xeito manual. Para os elementos de madeira se procederá á limpeza con maquinaria a presión, e acabado con produtos para protección e tratamento de madeira.