A danza, «un instrumento que forma parte da identidade dos pobos», chegou esta tarde ao exterior da Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo da man da Agrupación O Fiadeiro que deleitou ao público asistente coa música e bailes tradicionais galegos.
A Agrupación O Fiadeiro, cunha traxectoria de 25 anos de vida espallando a cultura tradicional dende a na cidade de Vigo, puxo en valor os bailes máis achegados á terra, ás tradicións e á identidade cultural galega e, cando parecía que a actuación chegaba ao seu fin, convidaron ao público asistente a deixar as súas cadeiras e bailar para festexar xuntas e xuntos o Día Internacional da Danza.