Girl’s Gang son as mosenses de San Rafael, parroquia de Pereiras, Antía Caride Otero e Tamara Casal Barbeito, e as viguesas Anabel Abalde Campos e Laura Martínez Puga (Law). Un grupo musical, nacido en 2020 en pleno confinamento pola pandemia da Covid-19, que este luns fixo a súa presentación oficial no Concello de Mos á alcaldesa, Nidia Arévalo, e á concelleira de Cultura e Turismo e Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro.
Na presentación narraron o inusual do seu nacemento como grupo musical, xa que foi en plena pandemia cando Law lle escribiu a Antía a través dunha rede social para propoñerlle unha colaboración artística da que naceu o que hoxe é Girl’s Gang. Tras meses de chamadas telefónicas e videoconferencias, por fin comezaron a ensaiar xuntas presencialmente en xullo de 2020.
O seu peculiar concepto musical, que aúna voz e baile con elaboradas coreografías, fainas orixinais e singulares, pero o que aínda as fai máis únicas é o seu proxecto 100% feminino, xa que tanto os temas que interpretan, que son de temática totalmente femenina sobre aspectos relacionados coa muller en todas as súas facetas, familiar, sentimental, profesional, reivindicativa… como o feito de que ademáis elas, as 4 mulleres, encárganse de toda a producción que require o grupo no que cantan e bailan, as empodera no seu rol feminino.
Antía Caride asume no grupo o papel de coreógrafa e responsable de imaxe (estilismos e deseño) xa que domina estas disciplinas a nivel profesional, ao ser profesora de baile e estilista profesional para outros cantantes e proxectos de moda; ademáis de ser tamén cantante noutro dúo musical. Tamara Casal Barbeito, esteticista profesional que traballa nun centro de estética, así como de cantante nun coro, encárgase do deseño e execución dos maquillaxes do grupo.
Anabel Abalde Campos é, xunto con Antía, a outra coreógrafa do grupo; xa que profesionalmente ten unha escola de danza e traballa tamén como profesora de baile noutros centros. Por último Law, profesora de canto, modelo e guionista profesional, asume en Girl´s Gang a responsabilidade das armonías vocais. Por suposto as 4 cantan e bailan en todos os seus temas.
“Un verdadeiro exemplo de mulleres, mozas, emprendoras e autosuficientes, nunha industria, como outras, na que soe prevalecer a supremacía masculina, pero na que decidiron abrise paso quizais no peor momento posible pola crise sanitaria que estamos a vivir, algo que non as freou e que demostra, así mesmo, que son unhas valentes e un grande exemplo para a mocidade mosense”, declarou Arévalo, rexedora local mosense.
As representantes municipais, Arévalo e Cebreiro, selaron esta mañá o compromiso da administración local mosense con Girl’s Gang para futuras colaboracións entre as que se atoparán unha actuación incluída no programa de actividades con motivo de La Vuelta 21 en Mos (o Castro de Herville, na parroquia de Cela, será meta da etapa 20 o 4 de setembro), así como outras iniciativas de cara á conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, 25 de novembro, como charlas ou mesas redondas para o alumnado do IES de Mos, un concerto… etc.