O salón de plenos do Concello da Cañiza celebrou unha recepción ao seu equipo de campioas galegas de balonmán. Acudiron as 17 xogadoras, o entrenador Emilio Barciela, o preparador físico Ramón Pérez e os dous delegados de equipo Javier Rodríguez e Melisa Mariño. Xunto co presidente do clube, Rubén Fernández, e a directiva foron felicitados polo rexedor, Luis Piña, acompañado da 1ª Teniente de Alcalde Mª José Rodríguez. O alcalde desexoulles toda a sorte e éxito no partido que se disputará o vindeiro mes de xuño para a Fase de Ascenso a División de Honra Prata.
Na recepción tamén houbo intercambio de agasallos. O clube recibiu da man do alcalde unha escultura da fachada da Casa do Concello e fíxolle entrega dunha camiseta do equipo. Segundo manifestou o alcalde, o deporte está de noraboa na Cañiza grazas, nesta ocasión, ao equipo feminino do Balonmán Cañiza, que conseguiu quedarse co título de Campión Galego en Primeira Autonómica Feminina.
Un logro que xa acadara o ano pasado, sin perder un so partido, pero que debido á declaración do estado de alarma e ás crises provocadas pola Covid-19, que bloqueou todo tipo de actividade deportiva, non foi posible disputar o partido de ascenso de categoría.
Enma Pérez, Ana Rodríguez, Lucía Afonso, Laura Noemi González, Iria Gómez, Mª de las Nieves Guerrero, Sofía Alvarez, Begoña Ibáñez, Carla Abad, Pamela Arca, Ana Orge, Sara Carril, Alexia Penabella, Olalla Penabella, María Montero, Alba Afonso e Alejandra Carballo. Estas 17 campioas si que poderán disputar este ano a Fase de Ascenso a División de Honra Prata, concretamente os días 4, 5 e 6 de xuño.