O Concello de Vigo aprobou o pasado venres na xunta de goberno local do programa de actividades de Verán Xove 2021 que conta cun orzamento de 227.000 euros e inclúe 2.388 prazas para nenas e nenos nacidos entre 2004 e 2007, con diferentes propostas.
Así, este luns, 24 de maio, o Concello abre o período de solicitude de prazas nos campamentos de verán da área de Xuventude, un total de 2.388 para nenas e nenos nados entre 2004 e 2017. Esta cifra será ampliada ata as 2.788 prazas coa ofertade Deportes e Benestar Social ata as 2.788 prazas. A presentación de solicitudes debe realizarse de xeito telemático a través da web. Esos serán os campamentos:
- VigoZoo: 208 prazas
- Verán en Samil: 200 prazas
- Verán en Alcabre: 200 prazas
- Verán en inglés: 100 prazas
- Verán en Navia: 195 prazas
- Verán en Vigosónico: 195 prazas
- Verán na Casa da Xuventude: 60 prazas
- Verán en Coia: 60 prazas
- Verán mariñeiro: 200 prazas
- Verán náutico na ETEA: 320 prazas
- Verán náutico en Bouzas: 200 prazas
- Campamento urbano en Travesas: 450 prazas
Datas dos campamentos:
- Inicio: 28 de xuño
- Prazo de presentación de solicitudes: do luns 24 de maio ao 4 de xuño
- Requisitos: para realizar a solicitude é necesario darse de alta e inscribir aos menores na web, que asignará un número de solicitude para o sorteo
- Sorteo: as prazas outorgaranse por sorteo o día 7 de xuño ás 11:00 horas (sen público por covid)
Abel Caballero explicou en rolda de prensa que os campamentos municipais, ao igual que o ano pasado, van desenvolverse baixo un “estrito protocolo Covid” con todas as garantías sanitarias. Grupos burbulla, estableceranse medidas de seguridade na recepción dos menores así como unha declaración responsable dos proxenitores garantindo a saúde dos nenos nos 14 días previos á entrada no campamento.
Cada día confirmarase que non se identificou ningunha situación estraña nos nenos, tomarase a temperatura, desinfectarase mans e/ou calzado e na saída informarase aos pais se houbo algunha incidencia e desinfectaranse as mans.