O nadador vigués Chano Rodríguez mantivo este martes unha xuntanza co alcalde de Vigo, Abel Caballero, na que falaron da importancia do deporte e como están a desenvolverse as cousas na vila nipona. Antes de partir, ambos compartiron os éxitos do deportista, que tamén son os da cidade antes de partir cara os Xogos Paralímpicos de Tokio.
Chano Rodríguez, con 64 anos, será o participante máis veterano dos Xogos Olímpicos e, a pesar diso, afirma que non renuncia a participar en París 2024: “Dende que comecei en Sidney levan preguntándome se vou participar nos seguintes e con esta van seis, así que digo o mesmo, aínda que xa sei que na casa vou ter lea”.
O vigués vivirá en Tokio a súa sexta cita olímpica despois de ter pasado por Sidney, Atenas, Pekín, Londres e Río de Xaneiro, acumulando un total de 16 medallas (oito de ouro, catro de prata e catro de bronce). Rodríguez é o deportista español en activo con maior número de ouros.