A música pop rock dos últimos tempos dase cita en Gondomar esta fin de semana a través das versións dos grupos Dr. Slump, Mitic El Espectáculo e Argonat Band. Unha nova fFin de semana musical chega á vila con versións pop rock nas noites de Cultura de Verán.
A programación comeza este venres 20 de Agosto, a partires das 22:30, con Dr Slump na Praza Paradela. O sábado 21 será a queda de Mitic El Espectáculo, ás 22:30 hroas, nas pistas de As Cercas. E o domingo, ás 22:30 horas, a banda de acordeóns Argonat Band pechará unha fin de semana chea de música en Gondomar.