Pronuncia un importante discurso no Teatro Tamberlick o ilustre home público D. Nicolás Salmerón y García, de acordo coas bases de coalición entre progresistas e federalistas, pactadas no mes de marzo. O mitin fora organizado por Chao, que tamén formou parte del, sendo, como anota puntualmente Curros Enriquez, o último acto político no que participou.
Salmerón seguiu viaxe a Pontevedra, Santiago, A Coruña e Ferrol, en cuxas cidades pronunciou novos discursos, agás nesta última, xa que tivo que marchar precipitadamente a Madrid por mor da sublevación militar do 19 de setembro.
12 de setembro de 1886. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).