O Concello de Nigrán ofrecerá o vindeiro venres 24 de setembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal a charla do surfista Aitor ‘Gallo’ Francesena, actual campión nacional e internacional de Surf Adaptado na categoría para invidentes e quen tratará de revalidar estes títulos en Patos, praia que coñece pero onde todavía non surfeou. Así, o coloquio encádrase nos campionatos de surf adaptado (Galego, Nacional e Internacional) que de xeito pioneiro en España se levarán a cabo a vindeira fin de semana neste areal con 50 deportistas con diversidade (a maiores, haberá bautismos de surf desde o mércores 22 para usuarios deste tipo de entidades). Paralelamente, os adestradores de surf poderán asistir ás charlas específicas de ‘Gallo’ dirixidas a mellorar a súa atención a persoas con discapacidade.
O evento deportivo está promovido desde Quenlla Surf Clube, Federación Galega e Española de Surf, Xunta e Concello de Nigrán como parte do seu programa de accesibilidade universal ‘Un Nigrán para todos’.
«Estamos ante un espectacular exemplo de superación persoal, Aitor non só é un laureado surfista por acadar cousas que a priori parecen imposibles, se non que tamén destaca polo seu didactismo e pola súa capacidade para transmitir leccións de vida moi positivas e necesarias para todos», destaca o alcalde, Juan González, quen subliña o orgullo que significa para o municipio acoller de xeito pioneiro en España este evento e que o trofeo internacional leve o nome ‘Concello de Nigrán’. «Somos un exemplo en políticas de accesibilidade universal e agora unha referencia internacional en surf adaptado grazas á sensibilidade das nosas escolas, este é o Nigrán para todos que estamos a construír e a mellor imaxe que podemos exportar do noso municipio», destaca González.
Aitor ‘Gallo’ Francesena (Zarautz, 1970) é un pioneiro en moitos sentidos no mundo do surf: por ter aberto a primeira escola de surf do país en 1988 e ser o primeiro adestrador neste deporte tamén a nivel estatal (foi tamén seleccionador nacional) cando todavía conservaba a vista nun dos seus ollos, e depois, nunha segunda etapa da súa vida xa completamente cego, por acadar o campionato nacional, internacional e mundial de surf adaptado na categoría invidente.
«Tengo una buenísima relación con la comunidad surfera de Galicia, desde siempre hubo una vinculación muy grande con el País Vasco y me siento muy cómodo aquí, así que estoy deseando surfear en Patos, una playa que conozco pero donde nunca me llegué a meter», explica ‘Gallo’, quen admite que ademáis de vir a competir para revalidar os seus títulos e a dar o mellor de si mesmo nas charlas, aproveitará para gozar «a tope» da gastronomía galega xunto a súa parella, orixinaria de Corrubedo.
«Mi objetivo de la charla del viernes es que el público entienda que en esta vida cualquier persona puede superar sus adversidades y conseguir hasta lo que parece más imposible, quiero que vean a su alrededor y que sean conscientes de la suerte que tienen, que valoren la vida y que dejen de ahogarse en un vaso de agua», comenta Aitor siempre positivo. No seu caso sabe o que é loitar desde neno porque naceu cun glaucoma conxénito que lle privou da vista dun ollo con só 14 anos ata que un golpe surfeando hai 9 anos o privou do outro, chegando así ao momento que temeu durante toda a súa vida, a cegueira absoluta. Con todo, tres meses despois de saír do hospital volveu a surfear. Empezou con táboas anchas e ondas pequenas para pasar despois a táboas estreitas e ondas máis grandes ata competir en iguais condicións que antes do incidente. O seu amigo Ibon Illarramendi explícalle as condicións que hai antes de entrar á auga, guíalle, e unha vez que se pon de pé, manobra el só.
«Las sensaciones de surfear con vista y ciego son completamente diferentes, estando ciego es brutal, se multiplican y te llenan, son satisfacciones diferentes porque ahora tienes que estar totalmente atento al mar, a lo que te está diciendo cada ola, es casi tu única referencia». E o primeiro que tivo que «re-aprender» Aitor é non sentir o mareo que podería producir estar inmerso na auga agua en plena oscuridade. «Me di cuenta de que no me mareaba, y a partir de ahí empecé a practicar con tablas más grandes y adaptadas a mi realidad, hoy surfeo como cualquier persona sin discapacidad», explica. Aínda que confesa que o feito de ter vivido o surf profesionalmente como adestrador e deportista ofrece moitas vantaxes para poder volver a subir a unha táboa xa con cegueira absoluta, Aitor incide en que tamén o pode lograr calquera persoa invidente (ou con outro tipo de discapacidade) sen experiencia previa. Precisamente, esta longa traxectoria de Aitor fai que tamén sexa a gran referencia na metodoloxía para adestrar a persoas con discapacidade.