O grupo de comunicación poética Rompente chega este venres 1 de outubro a Ponteareas para presentar o seu último libro, ‘Que hostia din os rumorosos?’, un volume de poesía ilustrado por Menchu Lamas, Antón Patiño e Rubén Romero, con prólogo de Julián Hernández e con pezas inéditas na súa maioría. O acto será ás 20.00 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo.
Con esta obra o grupo resistencia poética, creado polo escritor ponteareán Alfonso Pexegueiro e integrado por Antón Reixa, Manuel Romón e Alberto Avendaño, regresa despois de 40 anos. Editado por Elvira, o libro está estruturado en catro partes: Derrotas (Manuel Romón), Carallo 29! (Alberto Avendaño), Room Service (Antón Reixa) e Rompentres, con textos conxuntos dos tres autores.
O Concello convida a toda a veciñanza a asistir á presentación dun proxecto editorial con mensaxes rompedoras e que desprende grandes sensacións a quen decide mergullarse nas súas páxinas.