O Concello de Vigo xa ten programadas actividades municipais polo Samaín. Haberá 19 actuacións para público familiar na Doblada e no PAU de Navia os días 30 e 31 de outubro e o 1 de novembro. O calendario de actividades é o seguinte:
Na Doblada, haberá o sábado a partir das 12 un obradoiro de natureza e fotoconto. Pola tarde máis animación co Servando Barreiro e o espectáculo O Bardo Abelardo, CE Orquestra organizado por Miudiño o a actuación de Fulano, Mengano y Citano. No PAU de Navia haberá pola mañá un obradoiro científico e pola tarde o show de Barafunda e Trilitrate, organizado por Sinsal.
O domingo haberá un obradoiro científico na Doblada, ademáis da actuación de Barafunda e Uxía Lambona. No PAU haberá obradoiros de natureza e fotocontos e as actuación de Adolfo Maguna “Popín” e o show de Cherry Sweet organizado por Categórica.
O luns será o día adicado ás actuacións musicais coa Asociación Folclórica Andarela e a Asociación de baile galego Corisco na Doblada. No PAU de Navia haberá grupo de Pandereteiras Pandega das Teixugueiras e o grupo de pandereteiros Traspés.