O Concello de Nigrán incorpora o surf a súa oferta de actividades deportivas municipais por vez primeira na súa Historia. As clases, que comezan o 2 de novembro e serán semanais, estarán impartidas por monitores federados da Asociación de Escolas de Surf de Patos e están dirixidas a crianzas nacidas entre os anos 2010 e 2013 (ambos inclusive), por iso o Concello ofreceu bautismos gratis aos escolares do municipio. Neste primeiro ano o Concello oferta 30 prazas que se dividirán en 5 grupos de 6 participantes as tardes do luns, martes, mércores e xoves (de 16:30 a 18:00 horas).
O prazo de inscrición para os empadroados abre o martes 26 de outubro de 9:00 a 13:00 horas no Pavillón Municipal, estando toda a información subida na web municipal. En caso de quedar vacantes, o mércores 27 de outubro manteranse as inscricións (poderían optar os non empadroados) e se establecería unha lista de agarda. A praza quedará formalizada unha vez se realice o pagamento (data límite 28 de outubro ) e o custe é de 75 € para empadroados con posibilidade de bonificar ata o 50% as persoas en situación de dificultade económico-financieira (deberán presentar unha instancia no Rexistro do Concello con diferente documentación).
Nos vindeiros días o Concello informará convintemente da apertura de prazo para clases de piano tamén como novidade. «O surf forma parte da esencia de Nigrán e por iso queremos achegalo aos nenos, o deporte é saúde e o surf ademais leva asociados uns valores medioambientais que hai que fomentar desde a infancia», reitera o alcalde, Juan González.
A cultura do deporte sobre as ondas está cada vez máis arraigada entre a cidadanía e conleva un xeito de vida ecolóxico, sano e sostible, por iso o Concello de Nigrán está a pechar o irmandamento oficial con Valdoviño, municipio coruñés co que comparte Historia común grazas precisamente ao surf. Este deporte supón tamén para Nigrán un importante revulsivo económico, o barrio de Patos en Panxón, coas praias da Cansadoura, o Pico de Patos e o propio areal de Patos, son o espazo de cinco escolas e, paralelamente, de negocios de hostalería e tendas temáticas. Ademais, supón un atractivo turístico durante todo o ano, especialmente no inverno, cando os bañistas desaparecen. Xusto durante eses meses celébranse campionatos locais, autonómicos, nacionais e internacionais xa recoñecidos e que reforzan esa imaxe de municipios sans, saudables, ecolóxicos e onde a natureza é a protagonistas.
En Valdoviño, o propio Oceano Surf Museo, único de España adicado a este deporte, recolle documentalmente (mediante fotos e vídeos cedidos) aos surfistas pioneiros en Galicia, que comezaron na praia de Patos atraídos polo aspecto natural e salvaxe deste areal e que pouco despois tamén chegaron a contorna de Ferrol.