VigoCultura regresa con 24 funcións para o primeiro cuadrimestre de 2022. Vinte compañías diferentes retomarán o pulso das actuacións durante 21 días entre xaneiro e abril. A programación comezará o día 28 e 29 de xaneiro co pasarrúas ‘The Wolves’, da compañía La Fam Teatre, en Príncipe.
Entre a oferta prevista atópanse dúas estreas por parte de dous compañías viguesas: ‘Hotel Europa’ de Señora Supina e ‘O Péndulo’ de Inversa Teatro. Os espectáculos son de disciplinas variadas como teatro, circo, danza e maxia. As entradas dos espectáculos xa están a venda.
O Concello de Vigo introducirá este ano unha novidade. A Concellería de Cultura iniciará “un proceso de diálogo cos miles e miles de asistentes a VigoCultura para indicar a orientación da programación”, segundo avanzou o alcalde, Abel Caballero. “Deste xeito, atendemos o que di a cidade”, explicou.