O ano 2021, debido a pandemia, foi a segunda ocasión na que as Rondallas non desfilaron polas rúas de Gondomar xunto ao nadal do 39, en plena Guerra Civil, en toda a historia do certame. Por iso, as ganas de retomar a normalidade déixase notar no número de participantes que confirmaron a súa asistencia, concretamente un total de 12 agrupacións, practicamente toda as que están activas na actualidade na provincia.
Todas ensaian xa as súas pezas musicais contemporáneas, moitas delas de ritmos pop e rock, máis alá das tradicionais panxoliñas, actualizando o seu repertorio cos arranxos que as propias agrupacións fan sobre as partituras.
Melodías que encherán as rúas de Gondomar, este domingo 30 de xaneiro, desde as 10.40 horas, hora prevista para a saída da primeira agrupación no turno da maná, e a partir das 16,30 horas no turno de tarde, desfilando as 12 rondallas participantes cun intervalo de 20 minutos entre cada unha delas. Cubrirán o percorrido tradicional baixando pola rúa Eduardo Iglesias desde onde accederán á Praza da Paradela onde interpretarán o seu repertorio para unha vez finalizado abandonar a praza para baixar de novo por Elduayen.
Sen dúbida, coma sempre, o momento cume é o do saúdo entre rondallas que se asina co cruzamento de bandeiras entre agrupacións que, como marca a tradición, terá lugar na intersección entre a rúa Eduardo Igrexas e a rúa Elduayen.
Rondallas participantes
As participantes nesta ocasión serán Santa Eulalia de Atios (Porriño); Rondalla de Santiago de Parada de Nigrán; Rondalla de Santa Eulalia de Mos; a Rondalla de Vincios (Gondomar); Rondalla A Merced de Chaín (Gondomar); a Rondalla de Herville (Mos); Rondalla Centro Cultural Helios de Bembrive; Asociación Cultural Musical Rondalla de Pontellas (O Porriño); Santiaguiño de Guizán (Mos); Rondalla do Centro Cultural de Beade (Vigo); a Rondalla CVC de Valadares (Vigo); e, a Rondalla MosteiroPexegueiro.
Festa de Interés Turístico
O pasado mes de novembro a corporación municipal aprobou por unanimidade iniciar os trámites ante a Xunta de Galicia para que este certame sexa declarado “Festa de interese turístico» ao cumprir todos os requisitos necesarios para este recoñecemento ao ser unha de máis arraigadas e lonxevas tradicións do Nadal en Gondomar, converténdose nun símbolo distinto dos fastos natalicios na localidade.
Ademais vén apoiada pola súa historia que xustifica a antigüedade, arraigamiento, valor e continuidade no tempo, ao interromperse só en dúas ocasións: o nadal do 39 co país en guerra e no 2021 como consecuencia da pandemia.
O alcalde, Paco Ferreira, móstrase confiado en que se logrará a Declaración de Festa de Interese Turístico porque “cada ano son miles as persoas que se achegan a Gondomar para presenciar o desfile das rondallas da provincia que, no seu calendario, sempre teñen marcada esta data para dar o mellor nas nosas rúas”.
O XXXIX Certame de Rondallas de Reis de Gondomar celebraráse o vindeiro 6 de domingo a partir das 10.30 horas ata ás 13.20 hora, pola mañá, e, entre as 16.30 h. ata as 18.00 h, no turno da tarde.