O representante en España da casa “Sir Morton Petto e Compañía”, de Londres, diríxese ao señor Elduayen ofrecéndose, baixo certas condicións, para facerse cargo da obra do ferrocarril de Vigo a Ourense e de Ourense a Ponferrada.
Outras empresas nacionais e estranxeiras interesábanse pola contrata, cuxo tipo de poxa era demasiado baixo. Pedíase, para suplilo, subvencións das provincias galegas, mais A Coruña pretendía limitar de momento este apoio ás directamente interesadas, é dicir, Ourense e Pontevedra, esquecendo que do empalme de Monforte se beneficiarían así mesmo aquela provincia e Lugo.
O asunto deu moito que falar nos cenáculos provincianos e fixo xemer as prensas, nunha polémica que hoxe se nos antolla case pueril.
Facer a historia detallada de tales tirapuxas requeriría demasiado espazo, e nos levaría a reverdecer visións de miopía, que consideramos felizmente superadas.
23 de febreiro de 1861. Xosé María Álvarez Blázquez. «A Cidade e os Días. Calendario Histórico de Vigo» (Xerais, 2008).