A alegría e imaxinación do alumnado e equipo de profesores dos centros escolares de Gondomar abríu este venres, co seu desfile, o Entroido da vila. O pavillón municipal Bernabé Costas de Miranda foi o punto de encontro de preto de 800 alumnos do CEIP Chano Piñeiro, IES Auga da Laxe e Terra Turonio que desfilaron polo centro da localidade, pasando pola Praza da Paradela, mostrando os seus disfraces confeccionados en clase para a ocasión así como as coreografías creadas e moi pegadas á actualidade social e musical do momento.
Este domingo 27 de febreiro celebrarase o desfile central do Entroido de Gondomar cun total de 9 comparsasrexistradas nel, e que cos seus traxes de cores, ritmos, músicas e alegría traerán ao municipio temáticas diferentes que van desde as fábricas de xoguetes ás carreiras de fórmula uno pasando polo mundo azteca ou a conxunción dos entroidos máis tradicionais do mundo nunha mesma comparsas.
Así a agrupación “O millor de cada casa” presentará a temática de “Queimando roda”, unha fantasía inspirada nas carreiras de coches de fórmula un co que fan referencia “ás ganas de saír do garaxe tras dous anos encerrados nel coas pezas renovadas e ganas de pasalo ben”. “Valla- Gym” é o tema elexido pola comparsa do Centro Veciñal e Cultural de Valadares que tirará da ironía para representar escenas que un se pode atopar diariamente nun ximnasio e ao mesmo tempo “baixar uns quilos da amargura cotiá”.
Tamén desfilará polas rúas de Gondomar a comparsa Furafollas con “Misturando Raíces” onde a música, a cor e a alegría ofreceranos un percorrido por distintos entroidos do mundo, dos máis modernos aos máis tradicionais. Percorrido histórico diferente o que presenta a Asociación “Os da Casa” que cos seus disfraces trasladaranos á “Fábrica de xoguetes” onde a infancia adquire un poder relevante descubrindo xoguetes desde a década dos 60 ata o de agora.
A Asociación Cultural Comparsa Luces de Tomiño sumarase ao desfile con “O circo”, “sinónimo de ledicia e a conxunción e mestura de seres que só poden alegranos como os pallasos, domadores, mimos, equilibristas…” Ldanzia suma 115 participantes ao entroido de Gondomar so o seu “Ldanzteka”, rendendo unha homenaxe á civilización azteka con toda a súa maxia, mitoloxía e colorido.
“O conto da criada” será a temática que desenvolverán os integrantes da comparsa do Centro Cultural “A Mercé de Chaín”, aos que tamén se sumarán no desfile a comparsa de Parada do Miñor cunha versión moderna do famoso xogo do dominó cunha “interpretación divertida coa que queremos sorprender ao público e pasalo ben”.
O alcalde Paco Ferreira agradece a aposta das asociacións por sumarse e este desfile no ano no que perde a súa condición de concurso, prestándose axudas económicas aos participantes que oscilan entre os entre vos 250 e vos 400 euros para as agrupación que desfilen sen carrozas, dependendo o importe final do número de integrantes. Non caso de que vaian acompañadas por carroza, entendéndose por ela a plataforma decorada arrastrada por un vehículo de motor, vos premios oscilarán entre vos 400 e 550 euros. Cada carroza a maiores que se some á comparsa recibirá unha axuda de 100 euros.