O alcalde, Abel Caballero, mantivo este luns unha xuntanza co reitor da UVigo, Manuel Reigosa, na que lle trasladou o acordado co ministro de Universidades, Joan Subirats, de “acercar a universidad e a cidade”.
O rexedor sostén que é preciso “iniciar unha fase adicional para tratar os problemas das cidades e o entorno en distintos ámbitos como o económico ou o social”. C
aballero considera “unha oportunidade” e pide “interrelación total” entre ambas institucións “para participar en proxectos de investigación, en temas do Concello para abordar asuntos económicos, a forma de entender a cidade, o desenvolvemento de novas liñas da economía, a enerxía, dixitalización, o I+D…”, enumerou.