O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e unha representación da Real Federación Galega de Fútbol mantiveron un encontro este venres para abordar a posibilidade de que o estadio municipal sexa unha das sedes da fase de ascenso da Primeira División RFEF á Segunda División do fútbol español na que participa o Celta B. «Queremos que se xoguen partidos desa competición, que a Federación conte con Balaídos, sempre que sexa compatible co uso do estadio polo Celta», asegurou.