A presidenta da Deputación, Carmela Silva, xunto ao deputado provincial de Deportes, Gorka Gómez, recibiu ao deportista vigués, que ademais foi agasallado coa figura institucional da camelia de cerámica, deseñada por Ana Tenorio.
Martín de la Puente é o primeiro tenista español en conseguir un Grand Slam de tenis en cadeira de rodas, tras gañar o US Open 2022 e alcanzar o primeiro posto do ranking mundial de dobres. O deputado de Deportes, Gorka Gómez, afirmou que «recibimos a un deportista único, un referente mundial do tenis en cadeira», e celebrou o éxito dos deportistas da provincia.
«Somos a provincia de España con maior nivel en deporte adaptado; aos Xogos Paralímpicos de Tokio levamos máis dunha decena de representantes». A Deputación de Pontevedra, que segundo o deputado «sempre disposta a apoiar aos deportistas en todas as súas necesidades, aprobou este ano unhas novas bolsas, as DepoDan+ que incrementan as achegas aos deportistas de elite que se dedican ao deporte adaptado. Un total de nove deportistas recibiron estas axudas que contaron cunha partida de 20.500 euros.
Martín de la Puente agradeceu á institución provincial por «estar sempre ao meu lado dende que era un neno e apoiando o deporte adaptado» cunha mención especial á Carmela Silva e Gorka Gómez pola seu labor. Finalmente valorou o seu ano deportivo como «o mellor ano da miña carreira» e engadiu que o achega ao reto dos seus terceiros xogos paralímpicos, os de París 2024.