O Trofeo de Pádel Concello de Vigo Celtamotor categoría infantil pechouse este sábado co acto de entrega de premios. O alcalde de Vigo, Abel Caballero; o concelleiro de Deportes, Manel Fernández; e o director xeral de Máis que Auga, Francisco Cortegoso, participaron na entrega.
Foi a primeira edición do torneo na que houbo unha categoría para menores (nenos e nenas de 7 a 14 anos) e a resposta foi excepcional con máis de 120 inscritos. A xornada transcurriu cun gran ambiente e a festa pechouse coa entrega de premios, para todas e todos os participantes, que se levaron a casa unha camiseta, unha medalla e un diploma.