Este sábado, 27 de xaneiro, terá lugar o primeiro dos doce roteiros organizados pola asociación Verdegaia para dar a coñecer, ao longo dos doce meses do ano, aspectos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego. Será de 11 a 13 horas e o punto de saúda é o inicio do carril bici da Ramallosa, en Nigrán. A actividade é gratuita pero para participar é obrigatorio inscribirse en info@verdegaia.org ou 691 657 039.
A campaña ‘12 Meses, 12 Saberes’ mostrará a través das andainas curiosidades nos máis variados campos que fan do noso contorno un lugar único.
O primeiro roteiro será xa este sábado 27 de xaneiro no Esteiro da Foz na Ramallosa onde os participantes aprenderán a identificar aves propias deste ecosistema como a garza real, a garceta ou o mazarico galego.
Nas próximas citas, os interesados aprenderán a diferenciar as árbores, a entender a dinámica das dunas e a interpretar as formacións xeolóxicas, adentrarse nos segredos das mámoas e lembrar eventos como O xantar de Conxo.
Os roteiros serán na última fin de semana de cada mes, con unha duración aproximada de dúas horas e media e guiados por diferentes expertos segundo a temática.
Os participantes recibirán ao inicio de cada actividade un folleto con pistas para identificar os elementos máis representativos que se abordarán en cada roteiro. Ao rematar, dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.