Verdegaia continúa en abril coa campaña ’12 Meses, 12 Saberes’ que decorrerá ao longo deste 2024 co obxectivo de dar a coñecer aspectos singulares do patrimonio natural e etnográfico galego. Coa celebración dunha andaina cada mes descubriremos e aprenderemos, curiosidades nos máis variados campos que fan da nosa terra un lugar único. Esta semana, apenas quedaban prazas para apuntarse nesta actividade, de balde.
Este mes está adicado á identificación de herbas e usos, co cal os participantes aprenderán a identificar elementos diferenciadores dalgunhas das plantas máis comúns dos prados galegos e descubrir os usos tradicionais que se facían desas plantas aproveitando a composición propia de cada unha delas.
O roteiro será en Zamáns, unha parroquia do rural vigués onde os prados que rodean as instalacións da Universidade de Vigo presentan unha gran diversidade de plantas.
As persoas participantes recibirán ao inicio da actividade un folleto con fotografías e características dalgunhas das plantas que se observarán ao longo do paseo. Ao rematar, dun modo divertido, os guías porán a proba os coñecementos adquiridos polos participantes.
-ACTUALIZACIÓN-
Inicialmente a data prevista era este sábado, 27 de abril, pero adiouse por mor das previsións de chuvia durante esta fin de semana.
- Data: sábado 27 de Abril, de 11:00 a 13:30 –ADIADO–
- Inscrición: gratuíta pero obrigatoria escribindo a info@verdegaia.org