O mercado da arte regresa á Praza de Abastos do Calvario, o vindeiro 17 de maio.
Unha edición máis, e xa van nove, será un mercado que volve a estar marcado pola carga artística dos expositores, onde os bancais das peixeiras estarán repletos de arte de numerosas disciplinas: pintura, ilustración, cerámica, textil, xoieria, serigrafía,…..
O mercado acollerá a mais de 80 expositores galegos –seleccionados entre máis de 250 propostas–, chegados de norte a sur, con moitas gañas de mostrar o seu traballo.
O primeiro andar acollerá máis de 18 postos onde está incluido o Mercado Textil, unha disciplina moi presente no Mercado da Arte. Tamén no primeiro andar estará Sukha Funk.
O Mercado da Arte é un evento onde se respira gran carga artística dentro e fóra do Mercado, e na sua contorna do barrio do Calvario, xa que é un lugar de intercambio de ideas e tendencias artísticas e culturais.
Durante todo o día haberá diferentes actuacións como as de Paco Nogueira, Igualarte e Caiena para darlle ritmo o Mercado.
Ademáis o Mercado estará amenizado dende a sua apertura por Dj Tortuga.
Tamén acollerá a presentación de dous libros: «A rede branca», de Paco Morgan, e «O Mergullador das verbas» de Majo Villar. Os autores estarán no mercado para falar e asignar os seus libros.
Mercado da Arte
- Dia: 17 de Maio 2024
- Lugar: Praza de Abastos, Calvario, Vigo
- Horario: 11h a 20h