O centro comercial A Laxe celebra o día das Letras Galegas con dous obradoiros de lettering e un espectáculo musical, actividades completamente gratuitas e dirixidas a nenos e nenas a partir dos 8 anos.
Así, o vindeiro xoves 16 de maio, o CC A Laxe acollerá de 17:30 a 18:30 horas un obradoiro de Lettering: «Palabras bonitas do galego», impartido por Papelier. As prazas serán limitadas e se darán por orden de chegada dos nenos. O lettering é unha técnica de dibuxar letras bonitas que está de moda entre os máis novos e con esta premisa, o obradoiro animará aos participantes a buscar as palabras máis «riquiñas» do galego, ás que se lle dará forma con rotuladores e tamén se diseñarán marca páxinas.
Ao remate do obradoiro terá lugar o espectáculo musical ‘As nosas musicas d’aquí», de 18:30 a 19:30 horas e dirixido a todos os públicos. Será un contacontos e concerto de animación que se basea na vertente máis tradicional e popular dos contos.
Para pechar a xornada, de 19:30 a 20:30 haberá un novo obradoiro de lettering.