Un ano máis o mercado do Calvario volverá a convertirse nun espazo cultural e artístico gracias ao Mercado da Arte. Este venres 17 de maio, o propio Día das Letras Galegas, terá lugar unha nova edición na praza de abastos do popular barrio vigués.
Durante toda a xornada, dende as 11:00 e ata as 20:00 horas, e con entrada de balde, o mercado acollerá a máis de 80 expositores galegos, chegados de norte a sur, con moitas gañas de mostrar o seu traballo. Artistas que foron seleccionados entre máis de 250 propostas.
Un mercado que, como apuntan dende a organización, volve a estar marcado pola carga artística dos expositores e onde «os bancais das peixeiras chearanse de arte». As disciplinas que destacan ese día son: pintura, ilustración, cerámica, textil, xoiería, serigrafía,…..
Visto o gran éxito da convocatoria, o primeiro andar acollera máis de 18 postos onde estará incluido o ´Mercado Textil´. Trátase dunha disciplina moi presente no Mercado da Arte que queren impulsar ao mesmo tempo que a calidade galega na proxección das prendas, tanto confeccionadas como deseñadas da nosa comunidade, «impulsando así unha economia circular e reducindo o sinal do carbono á hora de facer as nosas compras», apuntan.
Unha vez mais o Mercado da Arte tivo unha gran acollida entre os diferentes artistas de toda Galicia cubrindo as prazas ao pouco de abrir a convocatoria. De aí a selección que tiveron que facer dende a organización. Será así unha «oportunidade para apoiar e coñecer o traballo artesanal e individual destes artistas e adquirir obras únicas»
E tamén no primeiro andar do Mercado estará ´Sukha Funk´ coa súa comida «tan elaborada e sabrosa que é digna de estar no Mercado da Arte», un evento onde «se respira gran carga artística», tamén, na propia contorna do barrio do Calvario «xa que é un lugar de intercambio de ideas e tendencias artísticas e culturais».
Durante todo o día, haberá diferentes actuacións coma, por exemplo, a participación de Paco Nogueira, Igualarte e Paulo Pascual con su Theremin e electrónica, para darlle ritmo ao Mercado.
E tamén haberá presentacions de dous libros: «A rede branca», de Paco Morgan, e «O Mergullador das verbas» de Majo Villar. Os autores participarán no mercado para falar e asinar os seus libros. Ademáis, durante todo o día o mercado estará amenizado pola música de DJ Tortuga.