Este venres ás 20:15h celébrase no Centro Comercial Vialia o terceiro duelo do concurso de bandas Salvaxesons, organizado por The Wild Fest. Nesta ocasión, se enfrontarán The Lelli Kelly’s e Gargantúa.
Os duelos son enfrontamentos musicais entre dúas bandas, abertos ao público, que teñen lugar no escenario foodcourt do centro comercial durante catro venres de maio e un de xuño e están presentados polo xornalista Rafa Valero.
A banda gañadora de cada duelo decidídese conxuntamente entre o público presente e o xurado profesional, que foi o encargado de seleccionar aos dez grupos que participan nos duelos. O voto do público ten un peso do 70%, polo que é importante acudir a apoiar á nosa banda favorita.
As cinco bandas gañadoras dos duelos recibirán un abono para desfrutar do festival The Wild Fest e pasarán á terceira e última fase de Salvaxesons: unha actuación no escenario principal de The Wild Fest o venres 30 de agosto onde o xurado decidirá aos tres gañadores. Os premios en xogo son de 1.000, 400 e 300 euros.
Os concursantes
The Lelli Kelly’s: banda de rock’n’roll galego fundada no Morrazo en 2016. A banda é coñecida polas súas enérxicas presentacións en vivo, as súas letras en galego cheas de retranca e o seu estilo frenético influenciado por bandas como MC5, The Sonics ou The Hives.
Gargantúa: grupo de tres músicos que levan anos tocando e proceden de diversas bandas. Publican un primeiro traballo en 2019 Modelo Uno onde descargan púas, baquetas e cordas en sons pop e indie rock.