O alcalde da Cañiza, Luis Piña, visitou este luns as obras de Raposeiras en Achas, que remataron estos días acompañado dos xefes e encargados da empresa Narom, adxudicataria das melloras.
A arranxo destes tres camiños tivo un investimento final de 106.022,77 euros, dos que 82.844,58 euros corresponderon á execución material da obra máis o ive (17.397,36 euros), redacción do proxecto (2.662,64 euros) e dirección de obra e coordinación de seguridade e saúde (1.775,09 euros), a cargo de Javier Carballo e control de calidade (1.343,10 euros) adxudicados á mercantil Galaicontrol.
As actuacións están subvencionadas con 88.398,00 euros, polo Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024 de AGADER da Xunta de Galicia, cofinancidas cos fondos europeos FEDER no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 en Galicia.
A axuda concedeuse para 2 anualidades: 30.682,95 euros para 2023 e 57.715,05 euros para 2024.
A axuda concedida non cubre o IVE, polo que o Concello tivo que aportar os restantes 18.000 euros.
Segundo comunicou o alcalde este luns, «as actuacións desenvolvéronse en 1.592 metros de viais, con anchos variables que van dende os 3.50 metros ata os 4 metros, nuns camiños que presentaban, segundo se recolle na memoria do proxecto, unha rega asfáltica na capa de rodaxe moi deteriorada ademáis de necesitar con urxencia a limpeza e ensanche das cunetas para garantir a seguridade viaria».
As obras consistiron fundamentalmente na mellora da capa de rodaxe e drenaxe das augas pluviais, así como limpeza e ensanche das cunetas e os camiños para mellorar a seguranza viaria e garantir o cruzamento de vehículos así como reducir sobrelargos en zonas de curvas con baixa visibilidade ou entroncamentos.
Plan marco de camiños
A mellora destes 3 camiños están enmarcadas dentro do «Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024» de Agader da Xunta de Galicia e desenvolvéronse en dúas fases.
A primeira o pasado verán que actuou sobre os camiños de Aldeíña (en 356 metros de vial) e o acceso a Senande – Xesteira (en 918 m de camiño, o máis grande de todo o proxecto), ambos na parroquia de Petán e a segunda fase reanudada neste mes de maio que consistiu na mellora de 318 metros de camiño en Raposeiras en Achas.
As obras contan con todas as autorizacións sectoriais favorables da Confederación Hidrográfica Miño Sil e da Deputación de Pontevedra.