O cronista oficial da cidade deu a coñecer na súa obra Tierra de Fragoso a conta de gastos ocasionados á vila con motivo da festividade da súa Patroa, a Santísima Virxe da Asunción neste ano 1772: «Relación certa e verdadeira que eu, Domingo Domínguez, procurador xeral da vila de Vigo, dou aos individuos da xunta municipal dos propios e arbitrios, dos gastos feitos na festividade da patroa desde enunciada vila, celebrada o 15 do corrente mes e ano, a saber: Polo sermón do P. Predicador primeiro do Noso Pai San Francisco, 60 reais de vélaro. Ao músico (supomos que sería o gaiteiro) e a súa asistencia, 50. Leña e barrís de alcatrán que se queimaron na fronteira da Casa Consistorial e no adro da igrexia Colexiata a véspera da noite e persoas que a conduciron, 138 reais e 17 marabedís. Luces que se puxeron na mesma noite no balcón do citado Consistorio e na torre (única entón) da igrexa, 17 reais e 34 marabedís. Cera e incienso que se gastou no día da festividade na misa e na procesión, 34 reais».
15 de agosto de 1772. Xosé María Álvarez Blázquez. «La Ciudad y los Días. Calendario Histórico de Vigo» (Editorial Monterrey, 1960).