O Concello do Porriño, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, presenta “Querida Montserrat, querido Luciano”, unha homenaxe á soprano Montserrat Caballé e ao tenor Luciano Pavarotti, que terá lugar o 21 de agosto na praza do Arquitecto Antonio Palacios ás 21:00 horas, con entrada de balde.
As sopranos Montserrat Caballé Martí, filla de Monserrat Caballé, e Simona Todaro Pavarotti, sobriña do tenor italiano, lembrarán aos seus devanceiros neste recital en compañía dos artistas convidados o barítono Luis Santana, natural de Zamora, a soprano lixeira María Dolores Crespo Abuin, nada en Moraña, e o pianista madrileño Víctor Carbajo.
A xira “Querida Montserrat, querido Luciano” supón a primeira vez que se rende unha homenaxe conxunta a estas dúas figuras internacionais da lírica, que encheron os teatros máis importantes do mundo, desde Sidney ata Roma, ou desde París a Nova York.
“Unha vida para a música é unha vida plena”, decía Luciano Pavarotti
Simona Todaro recorda “Luciano decía sempre: ‘Unha vida para a música é unha vida plena’. A mín gustaríame que a música fora vida non só para mín, senon tamén para a xeracións que chegarán despois de nós”.
Luis Santana refírese a Montserrat Caballé e Luciano Pavarotti como “Dúas estrelas que seguen brillando en nós, dous astros que se xuntan no mundo infinito da música. Dous corazóns eternos”. “Pódovos dicir soamente que deles, da súa arte, bebín e sigo bebendo, porque algo que é tanxible nunca morre”, engade o barítono.
“O Porriño é un concello con moita tradición musical e a música lírica é moi ben recibida. É unha honra contar na nosa vila con este recital de homenaxe a dous grandes como Caballé e Pavarotti, e máis aínda se o protagoniza a segunda xeración, Montserrat Martí e Simona Todaro, grandes figuras internacionais que teñen actuado nos mellores escenarios do mundo”.
Montserrat Martí Caballé
A soprano catalana, filla da lexendaria Montserrat Caballé, salienta pola súa versatilidade e elegancia vogal. As súas interpretacións en óperas como “La Bohème” ou “As vodas de Fígaro”, e en zarzuelas como “Luisa Fernanda”, teñen sido moi eloxiadas pola crítica, salientando a súa frescura, delicadeza e precisión técnica. Montserrat Martí ten cantado nos escenarios máis importantes de Europa, como a Deutsche Oper de Berlín, Musikhalle de Hamburg, Musikverein de Viena, Salle Gaveau de Paris, o Teatro Real de Madrid ou o Teatro Bolshoi de Moscú, entre moitos outros.
Simona Todaro Pavarotti
Todaro ten compartido escenario con seu tío Luciano Pavarotti por todo o mundo: Moscú, San Petersburgo, Costa Rica, Grecia, Belgrado, París, Venezuela, Dubai ou Los Ángeles. A soprano é moi apreciada tamén en Xapón, onde ten actuado no teatro Minatormirai de Yokohama e en numerosos programas televisivos. A súa interpretación de Violetta en «A Traviata» foi un dos seus éxitos más aclamados, onde amosou unha combinación de intensidade dramática e sutilidade interpretativa.
Luis Santana
O barítono natural de Zamora é discípulo do tenor Pedro Lavirge e a soprano Teresa Berganza. Santana ten actuado nos teatros e salas máis importantes de España e en cidades como París, Milán, Roma, Budapest, Bucarest, Riga, Lisboa ou Viena, entre outras.