O Concello de Ponteareas e o Club Ciclista Ponteareas Escola Borja Gómez organizan o Gran Premio de ciclismo Festas de Setembro que terá lugar este domingo, día 15 de setembro, a partir das 9:30 horas.
Esta cuarta edición ofrecerá espectáculo deportivo nas categorías Promesas, Principiantes, Alevín-Infantís e Cadete-Juniors. Este Gran Premio conta cun percorrido interurbano de 3,5 quilómetros pola vila e contará tamén cunha proba especial de inclusión. No Club Ciclista Ponteareas están inscritos un total de 68 nenas e nenos.
O Gran Premio Festas de Setembro, no que participan uns 250 deportistas, conta co apoio da Xunta de Galicia, Deporte Galego, Deputación de Pontevedra e da Federación Galega de Ciclismo.