A semana do Samaín chega forte á Rebullón. Para celebrar o mellor da cultura galega, a Comunidade de Montes de Tameiga programa este xoves 31, desde as 18 horas, toda unha gran festa de Samaín.
Así, este xoves a Sala Rebullón acolle unha festa de Samaín desde as 18:00 horas. Con entrada de balde, a sala Rebullón acollerá A Casa Encantada, o espectáculo cheo de ilusión e humor do Mago Paco. E ademais, quen se achegue a celebrar o Samaín poderá gozar dunha boa chocolatada!
Que atopou o Mago Paco o día que entrou na Casa Encantada? Quen coñeceu alí? Morcegos, o conde Drácula, Frankenstein e un montón de personaxes «espantabulosas» agardan este xoves polo rapaces e rapazas de Mos, nun espectáculo para todas as idades, con moito humor, risas e imaxinación. A mellor forma de pasar un día terroríficamente divertido.
E ao remate, para aquelas persoas que queiran completar unha noite única, na cantina da CSCD As Pedriñas vaise poder probar uns pratos de medo, grazas á cea especial de Samaín. Desde as 21 horas e só con reserva previa.