Este luns comezaron os traballos de exhumación no cemiterio de Cabreira en Salvaterra de Miño onde estiveron presentes as alcaldesas e concelleiras de Moaña
e Salvaterra de Miño.
A investigación histórica previa, elaborada dende o grupo Histagra, da Universidade de Santiago de Compostela, coa colaboración da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña e outros investigadores locais, apunta o enterramento de cinco persoas, nun principio, descoñecidas, na fosa de Cabreira, tras ser paseados o 18 de outubro de 1936, nos comezos da Guerra Civil.
A hipótese de identificación coa que se traballa sinala que alí poden estar enterrados os restos de cinco veciños de Moaña. Polo de agora, o único que se sabe dos cinco homes enterrados nesa fosa son las súas idades: 33, 23, 20, 23 e 28 anos e como foi a súa morte, tras ser «paseados» o 18 de outubro de 1936. Todos eles, desangrados como consecuencia de feridas penetrantes no peito e na cabeza, segundo figura nos documentos que constan no archivo de Nomes e Voces. Se sospeita que poda tratarse de dúas parellas de irmáns e outro quinto tamén vinculado por parentesco a eles.
Trala firma dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Universidade de Santiago de Compostela, púxose en marcha a anualidade 2024 do Plan Cuatrienal de Memoria Democrática, seguindo o impulso da Secretaría de Estado de Memoria Democrática.
Así, un equipo formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas segue a pescudar sobre o pasado de violencia en Galicia, xa coa experiencia de 2021, 2022 e 2023, mediante o estudo e a exhumación de dúas novas fosas de 1936-1939 nos concellos de Narón e Salvaterra de Miño. Ademais de comezar coa investigación histórica da fosa de Soutelo en Salceda de Caselas.