Abel Caballero participou no acto organizado con motivo da botadura da plataforma mariña Magallanes Renovables organizado esta mañá no Peirao de Trasatlánticos. Trátase dunha plataforma flotante para a xeración de enerxía eléctrica a partir das mareas e das correntes mariñas, a primeira deste tipo con acceso á sala de máquinas.
Durante a presentación, o rexedor trasladou aos promotores «o orgullo de toda a cidade» con este proxecto de investigación porque se trata dunha iniciativa de gran envergadura o que se está a conquistar o futuro. Felicitou aos responsables de Magallanes Renovables e a todos os que participaron porque «un proxecto tan complexo só está ao alcance de xente con gran capacidade tecnolóxica e enorme vocación empresarial»
No acto tamén participaron, ademais dos responsables da empresa e socios colaboradores, a secretaria de Estado de Economía, Irene Garrido, e o presidente da Autoridade Portuaria, Enrique López Veiga.