O Concello de Vigo ofrece este mércores a conferencia «Ciencia y cañas: La flora insular y la acción de los humanos en las Islas Cíes», segunda charla do ciclo de conferencias para promover a candidatura das Illas Cíes á Patrimonio da Humanidade.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou que esta segunda charla correrá a cargo de Luis Navarro, investigador da Universidade de Vigo e gran divulgador científico, fundador do portal de divulgación científica «Divulgare».
Luis Navarro, moi vinculado ao proxecto da candidatura das Illas Cíes como membro do comité científico, tratará o tema de Cíes como hábitat de especies de plantas en perigo de extinción e endémicas.
O ciclo «Falemos das Illas Cíes» arrancou en xullo e continuará ata final de ano. Trátase dun ciclo de conferencias que abordará as principais fortalezas das marabillosas Illas Cíes desde moi distintas disciplinas.
Ciclo de conferencias:
Mércores 18 de xullo, na Praza da Constitución:
Cine e ciencia. «Sumérxete nos fondos mariños das Illas Cíes»
Manuel E. Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas
Mércores 5 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: «Flora insular e a acción humana sobre as Illas Cíes»
Luis Navarro, profesor da Universidad de Vigo
Mércores 19 de setembro, no Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: «Procesos ecológicos nas Illas Cíes»
Alberto Velando (doctor en Bioloxía) e Carlota Barañano (especialista en conservación do fondo mariño)
Mércores 3 de outubro, Mercado do Berbés:
Ciencia e gastronomía: «Usos sostibles das Illas Cíes. O caso da pesca»
Fran Saborido (investigador do Instituto de Investigacións Mariñas) e Miguel Planas (científico do Consello Superior de Investigacións Científicas)
Mércores 7 de novembro, Club Faro de Vigo:
Ciencia e Patrimonio: «Patrimonio Cultural e Histórico das Illas Cíes»
Ceferino de Blas, cronista oficial de Vigo
Mércores 12 de decembro, Mercado do Berbés:
Ciencia e cañas: «A xeoloxía das Illas Cíes: unha viaxe no tempo»
Irene Alejo, profesora da Universidad de Vigo