Os días 5, 6 e 7 de xullo o porto da Guarda será o escenario da festa gastronómica de referencia. Os restaurantes ofrecerán a lagosta acompañada duns 20 pratos mariñeiros sen esquecer dos doces típicos e do viño Denominación de Orixe do Rosal.
Moncho Borrajo será o pregoeiro desta edición, que arrancará o venres 5 ás 21.00 horas na Praza do Reló. O actor e humorista galego, que leva case 50 anos facendo rir nos escenarios nacionais, tamén presentará o seu espectáculo ‘Borrajo Perdido’ na carpa trala apertura da carpa.
O sábado será a cita para Luis Zahera, recoñecido actor galego que foi premiado este ano co Goya ao Mellor Actor de Reparto. O artista ofrecerá o seu espectáculo ‘Chungo’, no que relata as súas vivencias vitais que o levaron a interpretar papeis raros ou de pouco listo.