Contando cunha superficie total de 30.000 metros cuadrados, a Asociación Cultural Galifornia Beat, organizadora do evento, traballa arreo para ter todo preparado para esta fin de semana. A cita arranca o venres ás 14:00 horas coa apertura da pista para a práctica libre deportiva, ás 19:00 horas terá lugar o Best Trick, seguido da batalla de galos e concertos a partires das 22:00 horas coas actuacións dos grupos Hugx & Holden, Fast Fuzz, Samesugas, Los Bengala e The Pretty Shirts.
Xa na xornada do sábado entre as 10:00 e as 11:00 abriranse as inscricións para o aberto e Open sub-14 e basket para de seguido comenzar as primeiras competicións.
Ás 12:30 realizarase a Skateboard School, unha escola de skate para nenos e nenas na que un profesional ensinará aos máis pequenos como iniciarse na práctica da patinaxe. Ás 13:00 o grupo Indy Tumbita & The Voodoo Bandits serán os encargados, xunto cun dj, de amenizar unha sesión vermú.
A partires das 16:00 terá lugar o Open de Skate e o Open de Street, seguido dunha exhibición de Trial do rosaleiro Gabri Marcelli ás 18:30h.
Ás 19:00 celebrarase o Open de Bowl e ás 21:00h a entrega de premios e o arranque dos concertos que terán lugar coas actuacións dos grupos Spoonfull e The Soul Jacket.