Esta futura escola infantil integrarase na rede pública autonómica Galiña Azul e estará dotada con tres unidades e un total de 41 prazas. Para fixar o cofinanciamento da construción o paso seguinte será a formalización dun convenio entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello da Guarda, de cara a incluír estes fondos nos orzamentos 2020-2021.
Hai que lembrar que o Concello da Guarda ten un ratio de escolas infantil moi baixo, que nos últimos anos oscila entre o 17% e o 20%, cando o compromiso da Xunta e que o ratio en Galicia sexa como mínimo o que recomenda a Unión Europea, un 33%, o que obriga a moitas familias guardesas a buscar prazas nos concellos da contorna.
Na actualidade a Guarda conta cos terreos, co proxecto e os permisos para construír a nova escola infantil nas vellas vivendas dos mestres do antigo Sinde.