Non foi casual, por tanto, que a homenaxe a participantes e aos máis e 120 voluntarios marcase a última das xornadas do Encontro. Un día que aínda que amenceu con néboa, enseguida viu o sol, o que permitiu a celebración de todos os actos programados.
Desde a mañá sucedéronse as saídas en barco e nos xa populares » faluchos», pequenas embarcacións construídas a partir de bidóns de 200 litros aceite, que foron un éxito entre os máis pequenos.
Xa ao mediodía, e tras a comida de confraternidade diaria, os presidentes de Culturmar e Piueiro presentaron o evento de despedida para tripulacións e delegacións. Un a un foron chamados ao escenario e recibiron un agasallo como testemuño da súa participación no Encontro da Guarda. Dous emocionados Manuel García Sendón e Joaquín Cadilla agradeceron aos participantes o seu entusiasmo, a súa colaboración e emprazáronlles a participar no evento que terá lugar en 2021, cuxa localización non se coñecerá ata 2020.
Pola noite, os protagonistas foron os voluntarios locais que ao longo de catro días, a pesar da calor e das horas de traballo, conseguiron que o evento discorrese da mellor forma posible. Foron máis de 120 persoas, de todas as idades, que contribuíron a que o Encontro deste ano fose especial.
Tras a cea, A Guarda despediu o Encontro de Embarcacións Tradicionais cun mega concerto de rock a cargo de diferentes grupos locais. Coa súa música, a vila dixo adeus a catro días para o recordo.
Visita da deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra
A nova responsable de Cultura da Deputación de Pontevedra, Vitoria Alonso, achegouse esta mañá ao recinto feiral para visitar xunto co alcalde da Guarda, a concelleira de Patrimonio e o presidente de Culturmar as distintas casetas que conforman o recinto do Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia. Alonso visitou a exposición «Achega dás mulleres á sustentabilidade do Mar», a mostra de fotografía «Vento nas velas», de Xurxo Lobato, e a caseta de encaixe, todos eles patrocinados pola Deputación. Tamén charlou cos mozos mestres canteiros e con varios artesáns locais que formaron parte nestes últimos catro días do amplo programa de actividades do evento. Para rematar, fixo unha pequena travesía a bordo dunha das embarcacións do evento.