Ao longo da mañá os efectivos de emerxencias despregados realizaron un simulacro de incendio no Ferry Boat no Río Miño, participando na extinción do lume e evacuación de feridos. Un dos efectivos do GES da Guarda foi evacuado no Helicóptero do PESCA 1 dende o Ferry Boat.
O Concelleiro de Emerxencias do Concello da Guarda, Miguel Español, e o Deputado Provincial, Santos Héctor, supervisaron dende a dársena de Caminha o transcurso deste simulacro, valorando moi positivamente este tipo de actuacións, posto que serven de formación para os compoñentes do GES, así coma unha gran axuda para a coordinación dos diferentes medios de emerxencias na zona transfronteiriza do Río Miño.