Este proxecto contempla a reforma interior do corpo principal, a súa ampliación para aumentar a capacidade de espectadores, mellora das condicións de accesibilidade e a substitución do corpo frontal de planta baixa de aseos e vestiarios.
Tamén é preciso renovar as instalacións dos vestiarios, reforzar as instalacións de electricidade e ACS, actualizar os sistemas de protección contra lumes e dotar ao polideportivo dun sistema de renovación de aire e dun grupo electróxeno.
Ademais, se pretende dar a este espazo polideportivo dunha imaxe exterior homoxénea e adecuada aos usos que nel se desenvolven.
A nova edificación contará con sistemas de eficiencia enerxética e o deseño executarase conforme a un criterio eficiente respecto aos condicionantes dos axentes exteriores. Tamén se propón a rexeneración dos espazos urbanos anexos, mediante novas beirarrúas.
A execución desta obra permitiría ter un pavillón da Sangriña totalmente renovado e acorde co nivel deportivo do Mecalia Atlético Guardés. O proxecto conta cun orzamento total de 1,6 millóns de euros. O Concello terá que buscar financiamento na Xunta e na Deputación para esta ambiciosa obra.