Dito entorno abarca un ámbito de 125 metros cadrados que presentaba un firme de aglomerado. Arestora conta cun empedrado de 10 centímetros combinando lousa con lastros de granito aserrado, instalando tamén uns proxectores para iluminación ornamental deste conxunto.
Este conxunto monumental está composto por tres elementos: o cruceiro, o peto de ánimas e unha estela, foi construído entre os anos 1746 e 1764. Sobre unha base levantase unha columna cilíndrica rematada nun capitel con follas de acanto, sobre a Cruz un Cristo e San Francisco orante á esquerda.
Estas obras realizáronse grazas a unha axuda da Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2018-19 Liña 1 cun importe total de 21.455 euros.