Foi sobre as 02:30 horas desta madrugada cando efectivos de Salvamento Marítimo, tras saltarlles a alarma do pesqueiro, solicitaban ao CAE 112 Galicia medios para comprobar se realmente se trataba dunha emerxencia, posto que, ao saltarlle a alarma do barco era imposible a comunicación por radio. De contado, pasouse aviso ao GES de A Guarda e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local. Afortunadamente, o home tras verse en apuros, saíu a nado e un pescador que faenaba pola zona rescatouno san e salvo.