A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, mantivo este martes un encontro con representantes de distintas asociacións de ciclistas.
Na xuntanza participaron representantes da Federación Galega de Ciclismo; Miñor Bike; Grupeta y amigos de Ñito; CC. de la Fuente; Traviesas; Mansos; Rías Baixas e Vigués. A conselleira informoulles de que os técnicos da Xunta analizan xa as posibilidades de actuación e convidounos a trasladar a súas propostas para acadar unha solución de consenso.
Ethel Vázquez lembrou que debe terse en conta tamén o tránsito de peóns e des ciclistas que non realizan un uso deportivo do carril bici, e que precisan tamén protección ante os automóbiles.
Por ese motivo a conselleira salientou que a solución que se propoña deberá contar co visto e prace da Dirección Xeral de Tráfico, con quen a Xunta traballa de forma coordinada tanto na configuración do carril bici como no deseño de campañas específicas de seguridade viaria que redunden na protección dos ciclistas.
O Plan de Seguridade Viaria que ven de aprobar na Xunta prevé medidas específicas que pretenden contribuír a evitar accidentes como o acontecido recentemente na PO-552, tales como o análise dos psicoténicos e a o incremento da formación en seguridade viaria.