A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, avanzou este martes que a Xunta asinará proximamente un convenio de colaboración coa Federación Galega de Ciclismo para a distribución de, polo menos, 1.000 cortaventos reflectantes que contribúan á visibilidade destes deportistas nas estradas. En declaracións aos medios de comunicación tamén informou de que vaise a eliminar os elmentos de hormigón que separan o carril da calzada.
A titular de Infraestruturas do Goberno galego, acompañada do director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, e do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, participou hoxe nunha xuntanza co delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, membros da Dirección Xeral de Tráfico, da Garda Civil e da Federación Galega de Ciclismo coa fin coordinar medidas de protección para estes usuarios das estradas.
Ethel Vázquez destacou que os cortaventos son a prenda máis axeitada para facilitarlles a práctica do deporte e a ela se incorporán toda as medidas que indiquen os técnicos para garantir que os deportistas sexan visibles na estrada.
Sinalou que os ciclistas foron un colectivo de especial atención no Plan de Seguridade Viaria 2016-2020 que acaba de aprobar a Xunta de Galicia e nel se recollen actuacións concretas que lles darán máis seguridade.
A conselleira avogou pola colaboración para avanzar na protección dos usuarios vulnerables das estradas a través do diálogo e contando cos expertos en seguridade viaria e con representantes dos deportistas, na procura de solucións de consenso que redunden no beneficio de todos.