Trátase dun posto con contrato laboral de duración determinada (tres meses) a xornada completa de luns a domingo. Para poder optar a el é necesario estar en posesión dun título de técnico superior de información e comercialización turística ou técnico superior en guía, información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; ou grao ou diplomado/a en turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guías se turismo ou co certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante.
As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do edificio consistorial en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello (https://aguarda.sedelectronica.gal/info) dende a publicación do presente anuncio ata o 31 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.