Ás 11:30 horas desenvolverase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30 e ás 17:00 horas celebraranse dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas se recomenda facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504. O único que hai que pagar é a taxa de acceso ao Monte Santa Trega, que é de 1 euros para adultos e 0,5 euros para menores de 14 anos.