A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais Piueiro da Guarda presentou o Volanteiro O Piueiro en 2019, esta embarcación típica de gran envergadura que navegou a vela pola nosa costa ata comezos do s. XX. Durante este verán a Asociación Piueiro ofreceu diferentes saídas de navegación promocionando o Camiño Portugués da Costa a través do programa O Teu Xacobeo e que tiveron moi boa acollida.
O Concello da Guarda colabora coa Asociación Piueiro e vai ofrecer saídas gratuítas de navegación pola costa co Volanteiro O Piueiro para aqueles que queiran descubrir esta embarcación a vela que incluirá ademais de navegación polo exterior do porto. Ofertaranse un total de 8 saídas a finais de agosto e as prazas están limitadas polo que é preciso realizar reserva previa na Oficina de Turismo da Guarda.
O luns 23 de agosto abrirá o prazo de inscrición que pode ser presencial, a través do teléfono 986 61 45 46 ou mail en aguarda.oficina.turismo@gmail.com. Debido ao número reducido de prazas dispoñibles unha persoa poderá inscribir a un total de catro, excepto as unidades familiares. A idade mínima para participar é de 10 anos.
As datas e horarios dispoñibles son:
- Mércores 25 de agosto: 10:00 – 11:30 – 17:00
- Venres 27 de agosto: 10:00 – 11:30
- Martes 31 de agosto: 10:00 – 11:30 – 17:00